24 feb 2014

Santiago reivindica a figura de Rosalía de Castro

Diversas iniciativas rememoran a escritora dende o sábado. O día 24 celébrase o aniversario do seu nacemento
O 24 de febreiro e as datas próximas son consideradas como o «Día de Rosalía», celebración coa que se busca recordar o aniversario do nacemento da autora de Cantares Galegos. Compostela é, cada vez máis, o centro de conmemoracións. Dende o sábado 22 e ata o mércores 26 distintos lugares de Santiago acollerán actividades sobre a autora.
A variada programación, aberta e gratuíta, e impulsada, entre outras entidades, pola Agrupación Cultural O Galo, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Asociación Cultural Musical Solfa, arranca o sábado. Nesta primeira xornada os actos terán lugar na praza de Vigo, a partir das 11.00 horas, e consistirán nunha lectura de textos de Rosalía e nunha ofrenda floral. A continuación, de 11.30 a 13.30 horas, realizarase un Roteiro Rosaliano por Compostela guiado por Mercedes Espiño.
O domingo 23 celebrarase o acto central de homenaxe no Panteón de Galegos Ilustres. Tamén haberá unha lectura pública da obra deRosalía.
Xa o luns 24, propio «Día de Rosalía de Castro», poñeranse en marcha diversas campañas. Entre elas destaca a de «Agasalla un libro
en galego e unha flor», para que os cidadáns se animen a comprar obra en galego e regalala; ou Graffiti Rosalía, co que se busca que os centros escolares enriquezan os seus muros con versos da autora. Ese día tamén cobrará vida a iniciativa «#euRosalía», unha acción colectiva en Internet promovida pola Fundación Rosalía de Castro, que anima os cidadáns a sacarse unha autofoto con calquera motivo relacionado coa autora e a subila ás distintas redes sociais usando esa etiqueta. Ese mesmo día, ás 10.30 horas, partirá de Porta Faxeira unha comitiva formada por membros desta fundación e do Concello, acompañados de gaiteiros, para realizar unha ofrenda floral na praza de Vigo. A xornada completarase cun acto ás 19.00 horas na Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. Alí presentarase De Cantares Hoxe. Vos Cantares Galegos de Rosalía de Castro non Século XXI.
Por último, o mércores día 26, celebrarase, ás 20.00 horas e na Libraría Couceiro de Santiago, unha conferencia sobre a súa figura.Goretti Sanmartín e Carmen Fernández-Pérez Sanjulián darán unha charla titulada A reivindicación feminista e dá lingua nos Cantares Gallego de Rosalía de Castro

Xela Arias e Luísa Villalta: Letras, interantes, proxectos na fin de século

Os temperás falecementos de Xela Arias (1962-2003) e Luísa Villalta (1957-2004) truncaron hai dez anos unhas vidas que, sendo sen dúbida singularísimas na súa condición persoal, foron tamén representativas da progresión que desde mediados dos anos 80 supuxo a presenza das mulleres como axentes, referentes e xestoras culturais no país. Unha e outra, desde as súas localizacións prioritarias en Vigo e A Coruña, participaron en intervencións colectivas, promoveron iniciativas, exploraron relacións interculturais a través da tradución e doutras vías experienciais e discursivas e sentiron, ademais, a atracción por indagaren nos espazos intersticiais en que as diferentes artes converxen por uns ou outros motivos e derivas.
A xornada pretende manter viva a memoria da súa produción literaria, así como dos diversos vínculos que nas súas vidas ambas foron trazando con proxectos de notábel repercusión na recente historia cultural galega. A isto dedícanse as achegas que profundarán nos seus respectivos perfís estético, intelectual e político, así como as centradas directamente nas súas poéticas persoais como autoras dun relevante corpus poético e, en xeral, como escritoras. Estas análises contarán co reforzo antes mencionado de tratar de ver nelas un signo da emerxencia da presenza das mulleres -autoras no espazo cultural dos pasados anos 80 e 90 (asociacionismo, publicacións e creacións colectivas, relacións co movemento feminista, promoción de foros, etc.).
Nun marco de condición menos académica, máis marcada pola exploración interartística (música, fotografía, danza e artes escénicas, artes plásticas...), a xornada amosará, así mesmo, a vixencia do discurso literario e intelectual de Luísa Villalta e Xela Arias. A xeito dun laboratorio de prácticas no espazo interartes preséntanse, por unha banda, proxectos en que traballaban ambas as autoras cando a morte se lles presentou sen previo aviso e, por outra, intervencións ―nalgún sentido interpretativas― encomendadas a outras artistas sobre a poesía escrita polas poetas coruñesa e luguesa.


 Data: Mércores, 26 de marzo de 2014

Lugar de celebración. Consello da Cultura Galega


16 feb 2014

Exposición Galicia Terra de Músicos

Esta exposición recolle unha escolma selecta das moitas imaxes, partituras, documentos e testemuños escritos e sonoros que, desde hai catro anos, veñen enriquecendo o “Proxecto virtual de Recuperación do Patrimonio Musical Galego, séculos XIX-XX”. A eles xúntase a colaboración xenerosa de todas as persoas que queiran poñer a disposición pública calquera descuberta que contribúa a tecer, o máis completo posible, o lenzo sonoro da contemporaneidade do país. Porque todas as mans son poucas, para tanta ceifa.
Achéguense pois, e escoiten o recendo das cen follas; de fotografías, partituras, instrumentos, e tamén da música. Dunha Galicia que sendo diversa, non deixa de ser ela mesma; dunha Galicia, coa música na pel.
MUSEO DE PONTEVEDRA (ata o 7 de Marzo)


Banda Municipal de Lugo (1923)