4 dic 2014

DEREITOS HUMANOS, XA ¡

O vindeiro mércores día 10 cúmprese o 66 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos  e este EDLG vai a conmemoralo como merece tan importante data.


Temos preparada, no corredor do primeiro andar, unha pequena exposición de carteis baixo o lema "UNS TANTO E OUTROS TAN POUCO..." que nos recorda que para moitas persoas estos dereitos, a día de hoxe, non existen. E tamén podedes atopar todos os artigos que conforman esa Declaración. 


O mércores as 20.00h no Auditorio o  noso Coro Infantil dará un concerto no que tamén contaremos coa actuación do Emsemble de Clarinetes composto por profesores e alumnos.
Neste acto leeremos alguns dos artigos  da Declaración elexidos para a ocasión, en solidariedade con todos aqueles que ainda agardan a universalidade dos dereitos consagrados en dito documento.


VIDE. ESPERÁMOSVOS¡