10 may 2015

dazasete de maio






LETRASGALEGASLETRASGALEGASLETRASGALEGASLETRASGALEGASLETRASGALEGASLETRAS







Celebramos o día das nosas letras, adiacado este ano o profesor Filgueira Valverde, con un concierto da nosa música, dos nosos compositores, e dos nosos músicos, (ós nosos  profesores e os nosos alumnos) e o noso público que sodes vos. ESPERÁMOSVOS! NON FALTEDES!!




Nado en Pontevedra en 1906 e finado na mesma cidade en 1996, Xosé Fernando Filgueira Valverde foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos, director do Museo de Pontevedra, alcalde da mesma cidade e, xa na democracia, conselleiro de Cultura.

Escritor prolífico e dotado dunha grande erudición, a súa inxente produción abrangue unha ampla diversidade de temas, tratados sempre con gran rigor intelectual, entre os que salientan as súas achegas á nosa historia e etnografía, así como ao estudo da literatura galega medieval. Firmemente comprometido na defensa e promoción da nosa cultura, o legado intelectual de Filgueira Valverde constitúe, pola súa amplitude e calidade, un dos máis importantes da segunda metade do século XX.


---------------------------------------

O CANGUEIRO
Chamábanlle o Cangueiro porque facía xugos repenicados e finos
para vender na feira de San Marcos. Pasou a súa vida degoirando
ter bois de seu. Encomenzou a facerlles o mellor xugo de cantos
saíran das súas mans. Tiña un Cristo no medio e medio, moi
pintadiño, e dous anxos nos lados. Canga como ela nunca se vira.
Logo foi achegando cartos para a xugada. Pero nunca chegou a
velos xuntos. Sempre lle faltaba un pouco, e pensaba:
-Se eu vendese o meu xugo, tiña xa diñeiro cumprido para mercar
os bois.
Aquel xugo ben tallado era máis seu que o anceio dos bois... E
morreu sen mercalos.
«QUINTANA VIVA» de XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

LETRAS GALEGAS 2015