6 dic 2015

Que entendemos por dereitos humanos?


Cando falamos de "dereitos humanos", hai un acordo xeral en que nos referimos a un conxunto de dereitos que nos corresponden a todos, sen ningún tipo de excepción, só polo feito de pertencer á gran familia humana. 
Esta, de feito, é a idea que recolle o primeiro artigo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos:
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos.
Actualmente, esta noción de dignidade e igualdade de todos os membros do xénero humano podémola atopar practicamente en calquera cultura e civilización, en calquera relixión e tradición filosófica.
Tamén é xeral o consenso en que non son dereitos que a sociedade "concede" aos seus membros, senón que son dereitos que a sociedade nunca pode cuestionar; ao contrario, é obrigación súa consagralos e garantilos.
Ao mesmo tempo, é xa un feito xeneralizado a incorporación destes principios á práctica totalidade das constitucións estatais, así como a ratificación por parte dos estados dos distintos tratados que regulan algúns destes dereitos e que lles obrigan, como estados asinantes, ao seu cumprimento.
Doutra banda, cada vez son máis os estados que están de acordo na necesidade de denunciar as violacións destes dereitos cometidas por outros estados; os esforzos dirixidos á creación do Tribunal Penal Internacional son un dos síntomas esperanzadores neste sentido.

Podemos afirmar, por tanto, que a pesar das puntuais discrepancias que se poidan xerar, baseadas, segundo os casos, en intereses determinados ou idiosincrasias particulares dos estados, cada vez é maior o consenso sobre a inviolabilidade  destes dereitos e a necesidade da súa universalización.



Baixo este cartaz de Nacións Unidas vai a nosa invitación a que celebredes conosco o Día Internacional da Declaración dos Dereitos Humanos.
No programa que temos preparado este ano, contamos con Inmaculada Vázquez quen revivirá unha emotiva historia persoal á mantenta de dereitos humanos  e que deu orixe ó libro solidario “Gracias Hijo” do que é autora. E por suposto música do noso Coro Infantil, un trio e o Emsemble de Clarinetes