28 nov 2015

LOITO NAS LETRAS GALEGAS



O venres 27 de novembro, morreu o escritor en lingua galega Xosé Neira Vilas o autor dun dos libros máis significativos da literatura da nosa lingua: Memorias dun neno labrego.
Nacido en Gres (Pontevedra) o 2 de novembro de 1928, Xosé Neira Vilas emigrou a Arxentina con vinte e un anos. En Buenos Aires alternou o traballo co estudo de forma autodidacta, vinculándose ademais aos centros de emigrantes galegos: nun deles coñeceu a Anisia Miranda, escritora cubana descendente de galegos, con quen casou e por quen afrontou unha nova emigración, esta vez á illa natal dela.
A pobreza dos seus anos de infancia e mocidade, así como o desarraigamento da súa época adulta, marcaron a escritura de Xosé Neira Vilas, achegándoa ao realismo social. 

A súa obra Memorias dun neno labrego (1961) é ou libro máis lido dá historia dá literatura galega na que conta a historia do neno Balbino, que debe abandonar a súa aldea no corazón de Galicia Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten ou mundo rural e a emigración. 
Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto.
As de protagonista infantil, forman o chamado "ciclo do neno" e son: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.
Entre as que reflicten o agro galego dende a perspectiva adulta recrean toda a súa crueza: Xente no rodicio, A muller de ferro e Querido Tomás (cuxa adaptación teatral estrearase durante o próximo mes de xaneiro).

Un pouco diferentes, aínda permanecendo un substrato rural, son as obras Lar, Nai e Pan. O mundo dá emigración aparece en Camiño bretemoso, na colección de contos Historias de emigrantes, en Remuíño de sombras e en Tempo novo.
Neira Vilas escribiu tamén libros para nenos, entre os que destacan Espantallo amigo, Ocabaliño de buxo, A marela Taravela, Contos lanuxes pra rapaces novos e Chegan forasteiros.
En colaboración coa súa muller, a cubana Anisia Miranda, publicou un libro de cancións e poemas titulado Cantarelas e contos prá xente miúda.

A súa obra abrangue poesia, libros de  lembranzas, ensaio, investigación, tradución ó galego de libros, entre outos, de Alejo Carpentier, José Martín, Fidel Castro, Ho Chi Minh … 

Tanto Xosé Neira Vilas, como a súa esposa, que morreu fai seis anos, regresaron a España en 1992. Ambos se instalaron en Gres, onde impulsaron a Fundación Neira Vilas, centrada na difusión da literatura en galego, e que convoca, entre outras actividades,  o Premio Arume de Poesía para Nenos. O escritor converteuse nunha referencia fundamental do panorama literario en galego: membro numerario da Real Academia Galega, doutor honoris causa pola universidades da Coruña e A Habana, Premio da Crítica Española en Narrativa e da Crítica Galega en Ensaio, medalla Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. 



18 nov 2015

Cecilia/Icía, historia ou lenda?





Historia ou lenda?
Cecilia, viviu no século III, pero todos os seus datos coñécense a través das actas do martirio divulgadas séculos máis tarde, que contan que esta ilustre doncela romana foi prometida polos seus pais a un xove cabaleiro de nome Valeriano. Tras unha vida comprometida cos máis necesitados, foi martirizada por defender a súa fé.
Segundo o profesor  de Historia da Música Jesús Ignacio Pérez Perazzo propón a idea de que, o feito máis probable para que se lle relacione coa música é, porque desde moi nova e de acordo cos costumes e tradicións das familias patricias romanas, Cecilia debeu iniciarse e tocar algún instrumento musical, probablemente a lira, a cítara ou algún tipo de arpa das utilizadas polas damas da sociedade romana.
Cecilia segundo se di, foi martirizada e sobreviviu milagrosamente a varios actos atroces. Os pagáns romanos tentaron afogala, fervela e mesmo decapitala pero non conseguiron terminar coa súa vida. A tradición católica sitúa a súa morte o 22 de novembro do 230, tres días despois de sufrir o martirio.
O corpo de Cecilia foi enterrado xunto á cripta pontificia da catacumba do papa Calixto I na vía Apia romana, por orde do papa Urbano I.

No século V construíuse unha basílica para renderlle culto no barrio do Trastévere. Alí trasladaría tres séculos despois o papa Pascual I o seu corpo e o seu marido, o seu cuñado e o soldado Máximo. A finais do século XVI restaurouse a igrexa en honra á xa santa. O mesmo ano da súa restauración, en 1599, o escultor Maderna puido ver o corpo da santa para inspirarse na creación da súa famosa estatua xacente. Unha réplica da fermosa escultura colocouse tamén no sepulcro orixinal das catacumbas de San Calixto.
Pasaron máis de mil anos para que Cecilia fose proclamada patroa da música. No ano 1594 o papa Gregorio XIII canonizouna e deulle oficialmente o nomeamento, por «demostrar unha atracción irresistible cara aos acordes melodiosos dos instrumentos. O seu espírito sensible e apaixonado por esta arte converteu así o seu nome en símbolo da música».
A través dos séculos, a figura de Cecilia permaneceu venerada pola Humanidade con ese padroado. 
En 1584 foi elixida patroa da Academia de Música de Roma, despois do cal a súa veneración como patroa da música da igrexa xeralizouse universalmente; desde esa data, corais, orquestras, bandas e cantantes festéxana no seu dia.
Dende o século XVII en Francia, Italia e Alemaña celebrábase o seu día con festivais musicais. En 1683, a Sociedade Musical de Londres estableceu os festivais anuais do «Día de Santa Cecilia», onde ata hoxe participan os máis grandes compositores e poetas británicos.
A Santa Cecilia adóitana representar tocando o órgano ou algún outro instrumento musical como violoncelos, violas ou violíns...Adoita ter a mirada cara arriba, co que nos está lembrando que a súa música elévase , é dicir, que pretende que sexa un encomio a Deus.
As primeiras imaxes represéntana cunha palma na man (símbolo de todos os mártires), pero xa desde o século XIV foille asociado un órgano portátil vinculandoa así coa Música e os instrumentos musicais.
Desde entón foi habitual representala coa faciana arrebatada, é dicir, cunha actitude de concentración e "escoita" das harmonías celestiais. É coma se os anxos ou o mismísimo Deus lle ditáse o que ten que tocar. Por iso nas súas imaxes, santa Cecilia nunca mira partituras (que representan a música terreal): ela está absorta na audición interior da música "celestial". 



Composicións adicadas a santa Cecilia
"Ode for St Cecilia´s day" de Georg Friedrich Händel,HWV 76.
Himno a santa Cecilia, de Benjamin Britten e letra de Wystan Hugh Auden,
Un himno a santa Cecilia de Herbert Howells,
Misa a santa Cecilia, de Alessandro Scarlatti,
Messe Solennelle de Sainte Cécile, de Charles Gounod,
Hymne à Sainte Cécile, de Charles Gounod,
Hail, bright Cecilia!, Rise, rise the voice, Welcome to all the pleasures de Henry Purcell.
Cantata para Santa Cecilia, para solistas, coro, coro de nenos e orquestra de cámara por Frederik Magle (1998)
Cecilia, vergine romana Arvo Pärt para coro mixto e orquestra (2000).
Himno Pregaria a Santa Cecilia, composto por Salvador Giner Vidal, do que existe unha versión orquestrada de José María Cervera Lloret para coro mixto e orquestra.

















9 nov 2015

Os instrumentos tradicionais baixo a perspectiva dos artesáns


Desde finais da década dos 70 vimos asistindo a un rexurdir da nosa música popular, posto de manifesto no cada vez maior número de persoas que se dedica a este campo do noso acervo cultural, ben desde a interpretación, a recolleita, a investigación, o ensino…, ben desde a divulgación, a organización de mostras, festivais, xuntanzas, seminarios, etc. Todo este movemento puxo en valor unha parte da nosa cultura popular que a maioría do pobo descoñecía ou infravaloraba, e fixo posible que hoxe en día a música galega goce dun prestixio e un recoñecemento a nivel internacional. Neste proceso tiveron un papel fundamental, aínda que non moi coñecido, os nosos artesáns, que grazas ao seu tesón, rigor e bo facer foron quen de construír cada vez mellores instrumentos e investigar na recuperación doutros que xa ficaban totalmente esquecidos. Non podemos deixar de mencionar figuras inesquecibles nesta arte como Faustino Santalices, Poceiro, Basilio Carril, Paulino Pérez, García de Riobó, Represas, Manuel Calvo (O peneireiro), José Seivane e Antón Corral entre outros. Todos eles tiveron sempre as portas dos seus obradoiros abertas á xente nova que quixo internarse no seu oficio ancestral, razón pola cal temos hoxe tantos e tan bos continuadores do seu legado. O Consello da Cultura Galega, desde a Sección de Música e Artes Escénicas, consciente da importancia do seu labor, promove unha xornada en que se debaterá sobre a situación actual deste sector. O seu contido estrutúrase en catro relatorios de catro persoeiros de recoñecido prestixio neste ámbito, seguidos dunha mesa redonda para o debate e posterior coloquio co público.
Data de celebración:
Venres, 13 de novembro de 2015
Lugar de celebración: 
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2ºandar
Praza do Obradoiro s/n
Santiago de Compostela