26 ene 2017



30 DE XANEIRO  DIA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.
Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
No noso centro tamén nos sumamos a celebración con un concerto a cargo do Coro e a Banda Infantís e o Ensemble de Clarinetes formado por profesores e alumnos do Conservatorio nunha oportunidade única para mostrar a nosa decidida aposta polos valores de irmandade e a harmonia entre todos para a erradicación da violencia.
Baixo o lema da celebración:


'amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra'.

disfrutemos da música programada para este día.