13 feb 2017


 Como xurdiu a radio ? 
Os antececentes máis remotos deste medio debemos situalos a principios do século XIX, cando Alessandro Volta inventa a pila voltáica ou, o que é o mesmo, unha pila que podía producir electricidade. A partir dese momento, empezarán a construírse os primeiros telégrafos; uns aparellos por entón moi primitivos pero que foron evolucionando grazas, sobre todo, ás achegas Samuel Morse. En 1840, Morse introduce dúas transformacións fundamentais neses rudimentarios telégrafos. Por unha banda, substitúe as agullas magnéticas que utilizaba o seu antecesor neste campo (Henry Cook) para o proceso de identificación dos sinais, por unha tira de papel . Doutra banda, crea algo que está aínda vixente: o código Morse; un código que, a través dunha combinación de puntos e raias, pode transmitir calquera tipo de mensaxe. 
Trinta e cinco anos despois, concretamente en 1875, Graham Bell, propicia o nacemento da telefonía. Este inventor conseguiu que os sons puidesen propagarse a través dun cable. 
Pero non só a telegrafía e a telefonía interviñeron na aparición da radio. Outros fenómenos foron igual ou máis importantes que estes. O descubrimento e a posterior medición das ondas electromagnéticas, tamén chamadas Hertzianas porque a persoa que ideou o proceso para medilas foi Heinrich Hertz en 1887, propiciou a creación do primeiro receptor de radio. Con todo, ata a chegada da telegrafía sen fíos, da man de Guillermo Marconi, a transmisión era moi limitada. A achega de Marconi permitiu que os sinais sonoros puidesen propagarse a algo menos de 20 quilómetros de distancia. Loxicamente, o sistema tiña as súas imperfeccións, porque, por exemplo, este aparello non podía transportar nin palabras nin sons musicais. 
Non será ata xa entrado o século XX cando as achegas de A. Fleming e R.A Fessenden permitirán a transmisión da voz humana. A partir dese momento iniciaríase, de verdade, a radio que hoxe coñecemos. 



A radio en España comezou o pasado século, concretamente na década dos vinte. A estación pioneira foi EAJ-1 Radio Barcelona, chamada a emisora decana da radio española por ser, precisamente, a máis antiga. A nomenclatura EAJ-1 fai referencia aos códigos dos radioaficionados, auténticos artífices do nacemento da radio. E por España, AJ porque designa ás estacións de Telegrafía sen Fíos e, por razóns obvias, 1 por ser a primeira . 

No hay comentarios: