1 mar 2017




Día Internacional da Muller 2017 


O tema para o Día Internacional da Muller de 2017 é “As mulleres nun mundo laboral en transformación: cara a un planeta 50-50 en 2030”.
O mundo laboral está en transformación, con implicacións significativas para as mulleres. Por unha banda, a globalización e a revolución dixital e tecnolóxica crean novas oportunidades, á vez que a crecente informalidade no traballo, a inestabilidade nas fontes de ingreso, novas políticas fiscais e comerciais e o impacto ambiental exercen un papel decisivo no empoderamiento económico das mulleres.
En 2015, líderes de todo o mundo adoptaron os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, colocando a igualdade de xénero e o empoderamiento das mulleres nunha posición central da Axenda 2030. O cumprimento destes obxectivos, que inclúen -entre outros- a eliminación da pobreza, a promoción dun crecemento inclusivo e sustentable, a redución das desigualdades entre e ao interior dos países e a igualdade de xénero e o empoderamiento das mulleres, pasa necesariamente por realizar o pleno potencial das mulleres no mundo laboral.
Entre as medidas claves para asegurar o empoderamiento económico das mulleres no mundo cambiante do traballo atópanse: pechar a brecha entre os salarios de homes e mulleres, que se sitúa actualmente no 24 por cento a nivel global; recoñecer o traballo non remunerado que supón o coidado do fogar e dos membros da familia realizado polas mulleres, e redistribuír estas tarefas de forma equitativa entre homes e mulleres. Igualmente, débense eliminar as brechas no liderado e toma de decisións, no emprendemento e no acceso á protección social; e asegurar políticas económicas sensibles ao xénero que xeren empregos, reduzan a pobreza e promovan un crecemento sustentable e inclusivo.
Ao mesmo tempo, as políticas económicas deben tomar en conta á maioría abafadora de mulleres na economía informal, promover o acceso das mulleres a tecnoloxías e prácticas innovadoras, ao traballo decente e a empregos orientados á adaptación ao cambio climático, e protexer ás mulleres da violencia no lugar de traballo.




Temos preparadas varias actividades para a conmemoración do Día das Mulleres: música, exposición,  plantación da arbóre das mulleres... Aí van os carteis para que non vos esquezades.







No hay comentarios: