27 mar 2017


Día Mundial do Teatro
O Día Mundial do  Teatro, foi instituido en 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITI), é celebrado cada 27 de marzo polos Centros ITI e a comunidade teatral internacional.
Eventos teatrais son organizados en todo o mundo, para conmemorar esta ocasión, sendo un dos máis importantes a circulación da Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro, a través do cal, por invitación dese instituto, unha figura de talla mundial comparte as súas reflexións sobre o tema teatral e unha Cultura de Paz.
Esta mensaxe tradúcese en máis de 20 idiomas e sempre se espera que sexa lido por decenas de miles de espectadores antes das presentacións en teatros de todo o mundo e impreso en centos de diarios.  



A primeira mensaxe internacional para celebrar este día foi escrito polo francés Jean Cocteau, en 1962.
Primeiro foi en Helsinqui, e logo en Viena, no 9º Congreso Mundial do ITI, en xuño de 1961, que o Presidente Arvi Kivimaa propuxo en nome do Centro Finlandés do Instituto Internacional de Teatro que este día fose instituido. A proposta, apoiada polos centros escandinavos, realizouse por aclamación.

Desde entón, esta data celébrana en moitas e variadas formas os Centros Nacionais do ITI, dos cales na actualidade hai case 100 en todo o mundo.  

No hay comentarios: