30 oct 2017



                           
Samhain é como se di “novembro” en gaélico. Na antiga Irlanda, este tempo marcaba o final do verán e o inicio do inverno. A véspera do Samhain, pola noite, dicíase que os espíritos dos mortos volvían para atoparse cos vivos, o que moitos séculos despois daría lugar ao que hoxe coñecemos como Halloween. 



Unha música recomendada para estas datas de Samaín e Defuntos é o poema sinfónico “Danse Macabre” opus 40 do compositor francés Camille Saint-Saëns. 
Composta en 1874 e baseada nun poema de Henri Cazalis recreando a antiga superstición da Danza da Morte. É unha das composicións máis populares do seu autor, foi estreada  en París en xaneiro do ano seguinte e con relativo exito polo novo dos seus efectos sonoros que veñen dados polo uso do tritono chamado “diabolus in música” ou “mi contra fa” e prohibido o seu uso pola igrexa xa que deste acorde era do que se servía Satán para entrar nos homes por medio da música e a súa interpretación era duramente castigada, como calquera outra invocación ao maligno.


A música de Saint-Saëns non se adapta ás suxestións demoníacas habituais, senón que toma o paso da reinterpretación orixinal para buscar a "quintaesencia" nunha instrumentación pegadiza e enérxica.
A orquestración está composta por unha sección de vento (flautin, frautas, oboes, clarinetes, fagotes e trompetas a dúas, catro trompas, tres trombóns e unha tuba), unha de percusión ( 3 timbales Re, A, Sol, xilófono, bombo, pratos e triángulo) e outra de corda  violíns I e II, violas, violoncelos e contrabaixos, arpa e un solista que executa un obbligato de violin cuxo instrumento vai afinado con scordatura.
Unha guia para poñernos en situación e que pode facilitar a escóita da obra pode ser a seguinte:
Estamos nun cemiterio, o vento golpea contra as lápidas. É medianoite e no  reloxo comezan a soar as doce badaladas
A morte,  está alerta, chegou o seu momento e fai a súa aparición cun tema sarcástico no que  o violín soa coma se estivéseno afinando, acaba de dar o sinal do comezo deste baile prohibido, no que, coma se dunha rolda tratásese, todos os mortos están convidados.
Chegan os primeiros invitados ao baile, os mortos que saíron das súas tumbas e bailan en resposta á invitación da morte.  Vai ser ela, co seu papel preponderante, a que guíe esta danza cunha  melancólica melodía a ritmo de vals 
Aos poucos chegan mais convidados  e a música vai tomando cada vez máis forza na diabolica danza
O ímpeto dos bailaríns chega a tal punto, que os esqueletos dos mortos chocan uns con outros nun crujir de ósos.
A danza vólvese cada vez máis e máis intensa ata a apoteose final, nun cada vez mais  desenfreado baile
De súpeto  os mortos abandonan a rolda, volven á súa tumba á que foxen a fume de carozo  e de súpeto co canto do galo chega a calma con todos os mortos  xa  nas súas tumbas, escoitamos por última vez interpretar á morte (o violín) a súa melodía.
A festa acabou.
*hai moitas versións na rede para escoller

No hay comentarios: