DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que neste día e no ano de 1616 faleceron personalidades como Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Igualmente conmemórase o nacemento ou morte doutros autores prominentes como Maurice Druon, Haldor K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejía Vallejo.
A celebración deste día foi unha decisión espontánea tomada na Conferencia Xeral da UNESCO que se celebrou en París en 1995, para render unha homenaxe universal aos libros e autores.
"Xanela aberta á diversidade das culturas e ponte tendido entre as civilizacións, vector de valores, de saberes, do sentido estético e da imaxinación, o libro é ante todo obra da intelixencia, a creatividade e a cultura humanas: por iso enriquece o patrimonio inmaterial da humanidade..." ( Koïchiro Matsuura, Director Xeral da UNESCO).